Entradas populares

viernes, 21 de octubre de 2011

O meu mundo a miña música: Non Requiem







Para empezar esta segunda etapa do blog vou facer referencia a saida do último disco dun dos meus grupos favoritos, que a pesares de non estar no máis alto do panorama nacional parecenme unha gran banda; estoume a referin a Dragonfly e o seu disco Non requiem.

Este disco pareceme sen dúbida o mellor aínda que o anterior ten cancións verdadeiramente boas, neste último traballo mostran todo o que se pode esperar desta banda con cancións con forza como poden ser Infierno ou 2012, baladas moi acertadas como Media vida e outra variedade de pistas que fan moi a ameno de escoitar este Non requiem.

Nun análise máis persoal creo que as mellores cancións que te podes topar neste disco son as seguintes:

1.Quien llora ahora: Para min a mellor canción deste disco con ritmo, voz e sobre todo letra brutales sen dúbida será un referente da banda nos próximos anos.

2.Rompe tu silencio: Pareceme a balada deste disco, moi boa voz e gran letra a típica canción que non te aburres de escoitar.

3.Media vida: a versión piano e unha boa canción que se coloca no podium do disco polo gran interpretación que recolle.

Para min este disco non conta cunha canción que se poida calificar como mala ou baixe o nivel xeral do disco ainda que como mencionei anteriormente o disco conta con 3 ou 4 cancións para o meu gusto por encima do resto, no seguinte nivel atoparianse as demáis cancións; por poñer unha pega diria que non pega nada nun disco desta calidade unha versión en inglés e que me parece que as cancións introducción que so teñen sonido estan pasadas de moda e que fan que o disco non teña un comezo adecuado para o meu gusto.

Para rematar farei unha valoración numérica:

Música: 6/10


Letra:   7/10


Voz:      6,5/10
TOTAL  6,5/10


Como anexo deixovos algunha canción das que mencionei para aqueles que non escoitasen nada deste disco:







jueves, 20 de octubre de 2011

O meu mundo .....distinto a cada paso que dou!!!!





Despois dun tempo de vacacións sen facer uso deste meu blog e da sua función divulgativa retomo nestas liñas un blog que pretende seguir coa temática pasada así como tratan novos temas que creo de interese e que poden facer destas liñas algo máis interesante .......neste chamemoslle 2º acto trataremos temas antigos como a música, as voltas que da a vida, o fútbol , os sentimentos, as emocións, os amigos etc.......Ademáis tentaremos que isto sexa máis atractivo comentando temas de actualidade, series, monólogos e máis novidades .....espero que vos guste e que comentedes aquelo que vos pareza interesante.

martes, 21 de junio de 2011

O meu mundo paso a paso

Esta entrada supón recurrir de novo a unha temática similar a que usei cando fixen referencia aos amigos e as diferentes clases de amigos que podemos ter nesta vida; Hoxe apeteceme falar do que nos espera e se nós podemos facer algo por alcanzar o que queremos ou depende todo de como se den as cousas.

Na miña opinión as persoas cambian co paso dos anos e eso ocorre por todo o que pasa ó seu  arredor asi como polas decisións que toman e que os levan a ser o que son en diferentes momentos da súa vida, por exemplo, eu teño claro quen non son o mesmo que fai 5 ou 6 anos e que serei diferente dentro duns anos pero non teño claro se cheguei a ser asi porque eu quixen ou porque me obligaron as circunstancias que rodean a miña vida e tampouco teño nada claro que sea mellor que fai uns anos atrás pero si que teño claro que se algo depende de min para encamiñar a miña vida tomar algunha decisión faiseme cada vez máis difícil quizáis porque creo inconscientemente que as decisións que tome neste tramo da miña existencia marcarán o que serei o resto da miña vida e vida só teño unha e non poderei voltar atrás.
Pero polo contrario tamén teño certo temor a estancarme no que son agora a non poder dar ese paso que me leve a ser diferente o que son agora, que me leve a ser mellor, a ser máis feliz, a topar novas motivacións tanto sentimentais como profesionais que me leve a pensar que xa son o que queira ser nesta vida.

Ter  teño algo claro que ainda non son o que quero ser neste vida e tampouco fixen o que quero facer nela , faltanme por vivir moitas cousas que claramente marcarán o meu futuro pero a pregunta é se deixarei  que esas cousas me cambien pois teño a sensación de que nesta época que vivo agora non permito un mínimo cambio que me desvie dun rumbo que non sei nin cal é quizáis por temor ou por medo.

Penso que isto non me pasa a min só e que pode ser inherente a miña idade e pode que á miña persoalidade pero sin embargo eu si observo como a xente do meu entorno cambia e disfruta de novas cousas a miudo namentres eu me vexo atrapado na rutina total.
Ao mellor cada un é incapaz de observar os seus propios cambios ainda que os sufra e non me dou conta do que cambio día a día, semán a semán ou mes a mes e todo é cousas dos meus pensamentos e sentimentos o mellor a vida levame a prantexarme esto para poder cambiar.

En conclusión recoñezo que teño certo temor a cambiar e equivocarme e tamén a  que iso me leve a evitar cambiar ainda que a vida me leve a facelo, sen dúbida sei que cambiarei pero pode que se me empeño en non facelo pase demasiado tarde, A todo iso me leva o saber que se un cambia non pode voltar atrás, ser o que era antes fora mellor ou peor, se cambias o camiño só ten un sentido, para diante, e eso é o que creo que me queda por aprender que non teño que deixar de cambiar por temor senon que se me equicovo debo seguir adiante cambiar pa mellor ata chegar a unha versión miña na que poida decir que a miña vida é como eu quero e que vivila así e sen dúbida o máis axeitado e o que me fai sentir o máis feliz posible, pero claro unha cousa é decilo e outra facelo.



domingo, 5 de junio de 2011

O meu mundo a miña música: Los fuertes sobreviven







Toca falar de música outra vez neste blog e para completar algunha entrada anterior na que anunciei a saida de novos discos do meu interese hoxe vou adicar este pequeno espazo que teño para dar a miña opinión sobre o segundo disco de 037 que leva por nome "Los fuertes sobreviven" e que supon o seu 2º álbum despois de "Títere con cabeza".

Análise xeral do disco

Para mín este novo disco é demasiado largo o que leva a sensación de que sobran polo menos 3 ou 4 cancións así como a idea de que moitas cancións comparten unha temática similar que pode facer facer o disco moi plano en canto a contido pero por outro lado o disco presenta 6/7 temas dunha gran calidade e certamente novedosos cun gran Leo e un enorme Ix valieri que demostran unha vez máis ser moi bos músicos nesto de compoñer música heavy e rock e reafirmandose como referentes destes estilos no noso país.

Análise das mellores canción: 

Para min este disco contén 3 ou 4 cancións que cabe destacar como brillantes e que son:


  1. Héroe: enorme tema que nos fala sobre eses héroes anónimos que día a día fan do noso mundo algo mellor e que contén un estribillo de gran pegada e un ritmo moi pegadizo que invita a escoitar dita canción unha e outra vez.
  2. Mi otra mitad: A mellor balada do disco sobre esa media naranxa que todos necesitamos topar nas nosas vidas e que podemos topar cando menos nolo imaxinamos; gran letra (para min a mellor do disco) e enorme interpretación de Leo para facer un tema que lle encantará os fans do grupo sen dúbida.
  3. Por un beso: Un tema na liña do anterior pero con máis forza e ritmo, cun mensaxe máis pasional e menos romántico que engancha o escoitala e que ten un son diferente que sorprende bastante e que o fai un tema especial no disco.
  4. Volver: Parece sacado do seu anterior disco, a canción con máis forza do ábum que se encadra descaradamente no heavy metal o que non se pode decir de moitos temas do disco máis rock e en certos momentos incluso pop-rock; unha mirada o pasado que lle fai moito ben a este disco.
Análise do peor do disco:


Neste disco podense destacar cancións que na miña opinión sobran como poden ser sálvame, el fin del camino, cuenta conmigo e sobre todo hablar de amor que lle fai un flaco favor ao disco.

Así pois para min este disco tería a seguinte puntuación:

Letra:    6,5/10
Música: 7/10
Voz:      7,5/10
Total      7/10

Para rematar deixovos  coas cancións que mencionei como o mellor do disco:






sábado, 7 de mayo de 2011

O meu mundo o meu fútbol

Con motivo de facer algo máis participativo este blog quero crear unha entrada na que cada un poida aportar a súa opinión...así pois pensei en crear uns premios (idea sacada do gran blog do senhor da Xe, blog que recomendo encarecidamente) sobre o mundo do fútbol que tantas emocións nos dou últimamente.

Estes premios farán referencia á última tempada e recoñecerán a labor dos futbolistas de todo o mundo nas súas facetas máis reseñables, serán 10 premios nos que darei a miña opinión e espero que cada persoa que lea esta entrada participe activamente.

1º Premio: " Xogador con maior visión de xogo " . Sería para aquel xogador que sempre dá o pase acertado que nunca se equivoca á hora de dar o balón. Para min este premio mereceo de sobra Xavi polo gran xogador que é e que fai moverse e xogar como xoga o barça.

2º Premio: " Mira que es feo dios mío " . Este premio sería para o xogador menos agraciado fisicamente da liga, aquel que se fai difícil de ver. Neste caso eu aposto por Di María posto que o pobre e feo con ganas e senon mirade as súas fotos.

3º Premio: " serás piscinas " . Como o seu nome indica este premio sería para o xogador que como di mou máis teatro fai. Creo que o xogador que máis tempo se pasa no chan e Busquets asique pa el vai o premio.

4º Premio: " Serás o mellor sen dúbida ". ¿Quén é o futuro mellor xogador do mundo?. Para min o mellor xogador do mundo nos próximos anos será Neymar a nova perla brasileña que é un espectáculo ver.

5º Premio: " Mira que es animal " . Premio o xogador que máis reparte. Eu creo que Lucio o central do inter reparte ostias como panes asique pa el vai.

6º Premio: " A ese ai que fichalo " . Ese xogador que seas do equipo que seas ficharías se puideses. Para min Yaya touré sería do mellor que se pode ter nun equipo de fútbol polo seu enorme despliegue físico así como polo seu toque de balón que non é nada malo.

7º Premio: " Se estiveras calado carallo ". Para ese xogador que cada vez que fala sube o pan. Eu doullo sen duda a Piqué que como xogador é de 10 pero cada vez que fala so é para malmeter.

8º Premio: " A este se lle deixan" : Ese xogador que está na canteira dun equipo e que se lle dan a oportunidade sería un grande sen dúbida. Pablo Sarabia será dos mellores do mundo nuns 3 ou 4 anos eso fixo.

9º Premio " Colócate aí cona " : Premio o mellor entrenador da tempada. Para min polo plantel que tivo e polo que conseguiu Luis García o entrenador do Levante que alcanzou a permanecía co pa min peor equipo de 1ª.

10º Premio " Parao ti que eu non dou " . Premio o mellor xogador do ano. Creo que aqui coincidimos todos en que Messi é o mellor do mundo e o mellor do ano sen ninguén que lle faga sombra.

Pois a miña opinión está dada asique agora haber que opinades.


viernes, 29 de abril de 2011

O meu mundo os meus amigos

Considero esta entrada algo "raro" no que será a liña xeral deste meu blog pero hoxe teño ganas de escribir sobre como creo eu que é a xente que nos rodea (que me rodea).

Espero que non se dé por aludido nadie porque esta entrada non ten o obxetivo de personalizar en ningunha persoa   en particular os posibles comentarios que nela poidan surxir, así pois irei improvisando sobre a marcha o contido desta novedosa entrada.

Como todo o mundo na vida dun ( neste caso a miña) se teñen coñecidos, amigos e familiares; destes últimos non vou falar moito posto que a cada un tocalle a familia que lle toca e non a pode escoller asique non está na súa man facer unha selección de quen lle pode caer peor ou mellor tanto podes ter unha maravillosa familia como non en todo caso sempre te levas máis cuns familiares que con outros e ata hai familia que non viches nunca.
No caso dos coñecidos poderíamos decir prácticamente o mesmo posto que dependendo onde vivas ou onde vaias vivir , o que estudies ou onde traballes os teus coñecidos serán aqueles que teñas máis cerca en todos esos  ámbitos e non os podes escoller o único que podes facer e asumir a xente que tes o teu redor.

Os coñecidos ademáis son aquelas persoas que poden convertirse nos teus amigos despois dun certo periodo de convivencia e que polo tanto podes incorporar dunha forma digamos mais asidua a túa vida; para algunhas persoas é bastante díficil pasar de considerar a unha persoa coñecido a denominalo amigo, no meu caso creo que co paso dos anos me resulta máis díficil porque cando es pequeno fas amigos nun momento pero o ser máis maior xa tes o teu grupo de amigos moi definidos.

O caso contrario e deixar de considerar a alguen un amigo para tratalo como un coñecido , esto para min pode suceder porque se perda o contacto diario ou porque como as persoas cambian cos anos xa non sintas ese "feeling" que sentes cun amigo.
As veces estas cousas que pasan poden ser boas para saber se de verdade tiñas un amigo ou non, para min é moi fácil saber se era amigo ou non simplemente pensando se votas de menos todo aquelo que facias con el/ela, no meu caso creo que experimentei algunha vez que outra o que é perder un amigo e creo que me arrepinto de perder moi poucos amigos nesta vida, quizáis do que máis me podo arrepentir e de certas cousas que puiden facer e dicir que me alexaron de algúns amigos os que creo que xa recuperei e penso que saben quenes son e que sen dúbida me fan moita falla nesta vida.

Por último falar dos amigos, moitas persoas teñen centos de amigos outras consideran que teñen só tres amigos, eso depende do que cada un considera amigo, para min un amigo é esa persoa que sabes que non che vai fallar que sempre che vai votar unha man no que necesites e que ten a seguridade de que ti farias o mesmo por él, eu considerome afortunado dos amigos que teño que non son mais de 5 e sei que están sempre para o que necesite nos mellores e nos peores momentos, creo que xa a esta idade serán os amigos que teña para xogar a partida cando teña 70 anos e creo que son os mellores que podia ter para xogar ese "truco xeriátrico". 
Ainda que esta entrada e bastante sorprendente sobre todo polo seu contido creo que contén verdades como puños e que todo o mundo que o lea me dará a razón e se verá identificado coa súa propia vida, eu só espero que vos gusten estas liñas e que vos leven a pensar en quen é neste mundo a vosa familia, os coñecidos e os vosos AMIGOS.

viernes, 22 de abril de 2011

O meu mundo os meus gustos: Real Madrid


Está entrada vai adicada a anos de sufrimento futbolístico que remantaron dunha das mellores formas posibles (a mellor sería ganarlle a final da champions) , coa victoria na final da copa do rey sobre o Barcelona, pero non calquera barcelona senón o mellor barça da súa historia.

Non sei se compensa mais kedar eliminados contra o Alcorcón e que se burlen de ti durante unha semana que ter que estar 120 minutos ao borde dun infarto ( eso e o que ten ser do Real Madrid dende pequeno que o vives dunha maneira moi esaxerada e sen que poidas facer algo por remedialo ).
O peor é que sufrin máis cando ibamos gañando que cando iamos empatando ( cousa pouco lóxica a verdade), so houbo un minuto en todo o partido no que non sufrin que foi o tempo que tardei en celebrar o gol de cristiano ronaldo ( gran gol por certo cunha parede de marcelo e di maría brutal que non chega a cortar dani alves e un cabezazo enorme de cristiano que mira que leva forza que vai polo medio da porteria e non o da parado pinto, o que hai que felicitar polo seu gran partido a verdade).

Máis alá deste partido que moitos consideran un paso cara un cambio de ciclo no que o Madrid pase a ser o dominador do fútbol mundial (algo que eu considero moi prematuro posto que é evidente que o Barça ainda é superior e máis a dobre partido que é o que nos toca agora nas semifinales da champions) , eu quero recoñecer que o ocurríu durante estes 2 anos anteriores e enormemente xusto pois o Barça fixo o mellor fútbol visto en moitos anos e en certa medida segueo a facer aínda que cun certo baixón, para min o único fallo que se lle pode atribuir o barcelona ( non os xogadores nin o corpo técnico ) é a prepotencia demostrada polos directivos e entorno culés con campañas ofensivas para o madridismo así como discursos que levan a moitos a identificar o Barça co independentismo culé, cabe recordarlle os culés que o Madrid pecou dese mesmo mal anos atrás con famosos galacticos e que eso nos levou a un declive de anos sen gañar nada e a ser odiados por moitos afeccionados de equipos rivais, asi que aprendan pois ainda están a tempo de cambiar.

En definitiva que os madridistas estabamos esperando esto xa facia un tempo e aínda que se perderamos seguiriamos estando co Real Madrid a morte este título enchenos de gran alegria.

Así pois so podo rematar coas seguintes palabras: HALA MADRID!