Entradas populares

martes, 21 de junio de 2011

O meu mundo paso a paso

Esta entrada supón recurrir de novo a unha temática similar a que usei cando fixen referencia aos amigos e as diferentes clases de amigos que podemos ter nesta vida; Hoxe apeteceme falar do que nos espera e se nós podemos facer algo por alcanzar o que queremos ou depende todo de como se den as cousas.

Na miña opinión as persoas cambian co paso dos anos e eso ocorre por todo o que pasa ó seu  arredor asi como polas decisións que toman e que os levan a ser o que son en diferentes momentos da súa vida, por exemplo, eu teño claro quen non son o mesmo que fai 5 ou 6 anos e que serei diferente dentro duns anos pero non teño claro se cheguei a ser asi porque eu quixen ou porque me obligaron as circunstancias que rodean a miña vida e tampouco teño nada claro que sea mellor que fai uns anos atrás pero si que teño claro que se algo depende de min para encamiñar a miña vida tomar algunha decisión faiseme cada vez máis difícil quizáis porque creo inconscientemente que as decisións que tome neste tramo da miña existencia marcarán o que serei o resto da miña vida e vida só teño unha e non poderei voltar atrás.
Pero polo contrario tamén teño certo temor a estancarme no que son agora a non poder dar ese paso que me leve a ser diferente o que son agora, que me leve a ser mellor, a ser máis feliz, a topar novas motivacións tanto sentimentais como profesionais que me leve a pensar que xa son o que queira ser nesta vida.

Ter  teño algo claro que ainda non son o que quero ser neste vida e tampouco fixen o que quero facer nela , faltanme por vivir moitas cousas que claramente marcarán o meu futuro pero a pregunta é se deixarei  que esas cousas me cambien pois teño a sensación de que nesta época que vivo agora non permito un mínimo cambio que me desvie dun rumbo que non sei nin cal é quizáis por temor ou por medo.

Penso que isto non me pasa a min só e que pode ser inherente a miña idade e pode que á miña persoalidade pero sin embargo eu si observo como a xente do meu entorno cambia e disfruta de novas cousas a miudo namentres eu me vexo atrapado na rutina total.
Ao mellor cada un é incapaz de observar os seus propios cambios ainda que os sufra e non me dou conta do que cambio día a día, semán a semán ou mes a mes e todo é cousas dos meus pensamentos e sentimentos o mellor a vida levame a prantexarme esto para poder cambiar.

En conclusión recoñezo que teño certo temor a cambiar e equivocarme e tamén a  que iso me leve a evitar cambiar ainda que a vida me leve a facelo, sen dúbida sei que cambiarei pero pode que se me empeño en non facelo pase demasiado tarde, A todo iso me leva o saber que se un cambia non pode voltar atrás, ser o que era antes fora mellor ou peor, se cambias o camiño só ten un sentido, para diante, e eso é o que creo que me queda por aprender que non teño que deixar de cambiar por temor senon que se me equicovo debo seguir adiante cambiar pa mellor ata chegar a unha versión miña na que poida decir que a miña vida é como eu quero e que vivila así e sen dúbida o máis axeitado e o que me fai sentir o máis feliz posible, pero claro unha cousa é decilo e outra facelo.



domingo, 5 de junio de 2011

O meu mundo a miña música: Los fuertes sobreviven







Toca falar de música outra vez neste blog e para completar algunha entrada anterior na que anunciei a saida de novos discos do meu interese hoxe vou adicar este pequeno espazo que teño para dar a miña opinión sobre o segundo disco de 037 que leva por nome "Los fuertes sobreviven" e que supon o seu 2º álbum despois de "Títere con cabeza".

Análise xeral do disco

Para mín este novo disco é demasiado largo o que leva a sensación de que sobran polo menos 3 ou 4 cancións así como a idea de que moitas cancións comparten unha temática similar que pode facer facer o disco moi plano en canto a contido pero por outro lado o disco presenta 6/7 temas dunha gran calidade e certamente novedosos cun gran Leo e un enorme Ix valieri que demostran unha vez máis ser moi bos músicos nesto de compoñer música heavy e rock e reafirmandose como referentes destes estilos no noso país.

Análise das mellores canción: 

Para min este disco contén 3 ou 4 cancións que cabe destacar como brillantes e que son:


  1. Héroe: enorme tema que nos fala sobre eses héroes anónimos que día a día fan do noso mundo algo mellor e que contén un estribillo de gran pegada e un ritmo moi pegadizo que invita a escoitar dita canción unha e outra vez.
  2. Mi otra mitad: A mellor balada do disco sobre esa media naranxa que todos necesitamos topar nas nosas vidas e que podemos topar cando menos nolo imaxinamos; gran letra (para min a mellor do disco) e enorme interpretación de Leo para facer un tema que lle encantará os fans do grupo sen dúbida.
  3. Por un beso: Un tema na liña do anterior pero con máis forza e ritmo, cun mensaxe máis pasional e menos romántico que engancha o escoitala e que ten un son diferente que sorprende bastante e que o fai un tema especial no disco.
  4. Volver: Parece sacado do seu anterior disco, a canción con máis forza do ábum que se encadra descaradamente no heavy metal o que non se pode decir de moitos temas do disco máis rock e en certos momentos incluso pop-rock; unha mirada o pasado que lle fai moito ben a este disco.
Análise do peor do disco:


Neste disco podense destacar cancións que na miña opinión sobran como poden ser sálvame, el fin del camino, cuenta conmigo e sobre todo hablar de amor que lle fai un flaco favor ao disco.

Así pois para min este disco tería a seguinte puntuación:

Letra:    6,5/10
Música: 7/10
Voz:      7,5/10
Total      7/10

Para rematar deixovos  coas cancións que mencionei como o mellor do disco: