Entradas populares

martes, 21 de junio de 2011

O meu mundo paso a paso

Esta entrada supón recurrir de novo a unha temática similar a que usei cando fixen referencia aos amigos e as diferentes clases de amigos que podemos ter nesta vida; Hoxe apeteceme falar do que nos espera e se nós podemos facer algo por alcanzar o que queremos ou depende todo de como se den as cousas.

Na miña opinión as persoas cambian co paso dos anos e eso ocorre por todo o que pasa ó seu  arredor asi como polas decisións que toman e que os levan a ser o que son en diferentes momentos da súa vida, por exemplo, eu teño claro quen non son o mesmo que fai 5 ou 6 anos e que serei diferente dentro duns anos pero non teño claro se cheguei a ser asi porque eu quixen ou porque me obligaron as circunstancias que rodean a miña vida e tampouco teño nada claro que sea mellor que fai uns anos atrás pero si que teño claro que se algo depende de min para encamiñar a miña vida tomar algunha decisión faiseme cada vez máis difícil quizáis porque creo inconscientemente que as decisións que tome neste tramo da miña existencia marcarán o que serei o resto da miña vida e vida só teño unha e non poderei voltar atrás.
Pero polo contrario tamén teño certo temor a estancarme no que son agora a non poder dar ese paso que me leve a ser diferente o que son agora, que me leve a ser mellor, a ser máis feliz, a topar novas motivacións tanto sentimentais como profesionais que me leve a pensar que xa son o que queira ser nesta vida.

Ter  teño algo claro que ainda non son o que quero ser neste vida e tampouco fixen o que quero facer nela , faltanme por vivir moitas cousas que claramente marcarán o meu futuro pero a pregunta é se deixarei  que esas cousas me cambien pois teño a sensación de que nesta época que vivo agora non permito un mínimo cambio que me desvie dun rumbo que non sei nin cal é quizáis por temor ou por medo.

Penso que isto non me pasa a min só e que pode ser inherente a miña idade e pode que á miña persoalidade pero sin embargo eu si observo como a xente do meu entorno cambia e disfruta de novas cousas a miudo namentres eu me vexo atrapado na rutina total.
Ao mellor cada un é incapaz de observar os seus propios cambios ainda que os sufra e non me dou conta do que cambio día a día, semán a semán ou mes a mes e todo é cousas dos meus pensamentos e sentimentos o mellor a vida levame a prantexarme esto para poder cambiar.

En conclusión recoñezo que teño certo temor a cambiar e equivocarme e tamén a  que iso me leve a evitar cambiar ainda que a vida me leve a facelo, sen dúbida sei que cambiarei pero pode que se me empeño en non facelo pase demasiado tarde, A todo iso me leva o saber que se un cambia non pode voltar atrás, ser o que era antes fora mellor ou peor, se cambias o camiño só ten un sentido, para diante, e eso é o que creo que me queda por aprender que non teño que deixar de cambiar por temor senon que se me equicovo debo seguir adiante cambiar pa mellor ata chegar a unha versión miña na que poida decir que a miña vida é como eu quero e que vivila así e sen dúbida o máis axeitado e o que me fai sentir o máis feliz posible, pero claro unha cousa é decilo e outra facelo.



2 comentarios:

  1. canta filosofía existencial se respira nas tardes de verán sen praia!!!jajaja

    a vida son ciclos, etapas...e cada un vai ó seu ritmo nas aprendizaxes dos mesmos.Anque che dea a sensación de estar "estancado" é moi posible que non sexa tan así como dis, sobre todo pq te estas dando conta,pero paciencia.
    Unha nova etapa que espero vivir-compartir cos lectores do blog é a actual, de acabalos estudos e traballar, meta bastante común e bastante complicada nos tempos que corren...pero ganas non faltan, que xa é algo.
    Que non sea pq un non toma as riendas e move o cu polo que lle interesa, ou cambiar o q non lle gusta ou co que esta conforme.
    Hai quen sosten q si, q a vida son etapas pero tamén que todo é cíclico,ahí xa se m complica o comentario,xa non sei eu se será tan así....

    ResponderEliminar
  2. eu son da idea de k vida só hai unha e as decisións k se toman fixan un rumbo k nn se pode alterar ...por eso son tan importantes na vida eses momento k calificamos de irrepetibles xk nn volven e son os k dan sentido a todo...o resto so e necesario para sobrevivir!

    ResponderEliminar