Considero esta entrada algo "raro" no que será a liña xeral deste meu blog pero hoxe teño ganas de escribir sobre como creo eu que é a xente que nos rodea (que me rodea).
Espero que non se dé por aludido nadie porque esta entrada non ten o obxetivo de personalizar en ningunha persoa en particular os posibles comentarios que nela poidan surxir, así pois irei improvisando sobre a marcha o contido desta novedosa entrada.
Como todo o mundo na vida dun ( neste caso a miña) se teñen coñecidos, amigos e familiares; destes últimos non vou falar moito posto que a cada un tocalle a familia que lle toca e non a pode escoller asique non está na súa man facer unha selección de quen lle pode caer peor ou mellor tanto podes ter unha maravillosa familia como non en todo caso sempre te levas máis cuns familiares que con outros e ata hai familia que non viches nunca.
No caso dos coñecidos poderíamos decir prácticamente o mesmo posto que dependendo onde vivas ou onde vaias vivir , o que estudies ou onde traballes os teus coñecidos serán aqueles que teñas máis cerca en todos esos ámbitos e non os podes escoller o único que podes facer e asumir a xente que tes o teu redor.
Os coñecidos ademáis son aquelas persoas que poden convertirse nos teus amigos despois dun certo periodo de convivencia e que polo tanto podes incorporar dunha forma digamos mais asidua a túa vida; para algunhas persoas é bastante díficil pasar de considerar a unha persoa coñecido a denominalo amigo, no meu caso creo que co paso dos anos me resulta máis díficil porque cando es pequeno fas amigos nun momento pero o ser máis maior xa tes o teu grupo de amigos moi definidos.
O caso contrario e deixar de considerar a alguen un amigo para tratalo como un coñecido , esto para min pode suceder porque se perda o contacto diario ou porque como as persoas cambian cos anos xa non sintas ese "feeling" que sentes cun amigo.
As veces estas cousas que pasan poden ser boas para saber se de verdade tiñas un amigo ou non, para min é moi fácil saber se era amigo ou non simplemente pensando se votas de menos todo aquelo que facias con el/ela, no meu caso creo que experimentei algunha vez que outra o que é perder un amigo e creo que me arrepinto de perder moi poucos amigos nesta vida, quizáis do que máis me podo arrepentir e de certas cousas que puiden facer e dicir que me alexaron de algúns amigos os que creo que xa recuperei e penso que saben quenes son e que sen dúbida me fan moita falla nesta vida.
Por último falar dos amigos, moitas persoas teñen centos de amigos outras consideran que teñen só tres amigos, eso depende do que cada un considera amigo, para min un amigo é esa persoa que sabes que non che vai fallar que sempre che vai votar unha man no que necesites e que ten a seguridade de que ti farias o mesmo por él, eu considerome afortunado dos amigos que teño que non son mais de 5 e sei que están sempre para o que necesite nos mellores e nos peores momentos, creo que xa a esta idade serán os amigos que teña para xogar a partida cando teña 70 anos e creo que son os mellores que podia ter para xogar ese "truco xeriátrico".
Ainda que esta entrada e bastante sorprendente sobre todo polo seu contido creo que contén verdades como puños e que todo o mundo que o lea me dará a razón e se verá identificado coa súa propia vida, eu só espero que vos gusten estas liñas e que vos leven a pensar en quen é neste mundo a vosa familia, os coñecidos e os vosos AMIGOS.
Sempre podes seguir a profundizar do tema:
ResponderEliminarA familia é a familia.
Os coñecidos, pois... hai coñecidos de vista, coñecidos de hola e adiós, etc...
Amigos, hai... de toda a vida, que soen cadrar cos mellores amigos; e tamen grandes amigos, bos amigos... jajajajajaja
P.D.: que pasa que non contestas ao ke parece ser o único seguidor deste blog??? XD... parezo un tolo aqui falando só....
o que busca amigos perferctos quédase sen amigos...
ResponderEliminaranque por outra banda...dime con quen andas e che direi quen eres...
Endexamais lle vou esixir un amigo máis do que reciba pola miña parte...pero iso sí hai que coidalos, que de aquí ó xeriátrico inda queda e a vida da moitas voltas...