Entradas populares

sábado, 7 de mayo de 2011

O meu mundo o meu fútbol

Con motivo de facer algo máis participativo este blog quero crear unha entrada na que cada un poida aportar a súa opinión...así pois pensei en crear uns premios (idea sacada do gran blog do senhor da Xe, blog que recomendo encarecidamente) sobre o mundo do fútbol que tantas emocións nos dou últimamente.

Estes premios farán referencia á última tempada e recoñecerán a labor dos futbolistas de todo o mundo nas súas facetas máis reseñables, serán 10 premios nos que darei a miña opinión e espero que cada persoa que lea esta entrada participe activamente.

1º Premio: " Xogador con maior visión de xogo " . Sería para aquel xogador que sempre dá o pase acertado que nunca se equivoca á hora de dar o balón. Para min este premio mereceo de sobra Xavi polo gran xogador que é e que fai moverse e xogar como xoga o barça.

2º Premio: " Mira que es feo dios mío " . Este premio sería para o xogador menos agraciado fisicamente da liga, aquel que se fai difícil de ver. Neste caso eu aposto por Di María posto que o pobre e feo con ganas e senon mirade as súas fotos.

3º Premio: " serás piscinas " . Como o seu nome indica este premio sería para o xogador que como di mou máis teatro fai. Creo que o xogador que máis tempo se pasa no chan e Busquets asique pa el vai o premio.

4º Premio: " Serás o mellor sen dúbida ". ¿Quén é o futuro mellor xogador do mundo?. Para min o mellor xogador do mundo nos próximos anos será Neymar a nova perla brasileña que é un espectáculo ver.

5º Premio: " Mira que es animal " . Premio o xogador que máis reparte. Eu creo que Lucio o central do inter reparte ostias como panes asique pa el vai.

6º Premio: " A ese ai que fichalo " . Ese xogador que seas do equipo que seas ficharías se puideses. Para min Yaya touré sería do mellor que se pode ter nun equipo de fútbol polo seu enorme despliegue físico así como polo seu toque de balón que non é nada malo.

7º Premio: " Se estiveras calado carallo ". Para ese xogador que cada vez que fala sube o pan. Eu doullo sen duda a Piqué que como xogador é de 10 pero cada vez que fala so é para malmeter.

8º Premio: " A este se lle deixan" : Ese xogador que está na canteira dun equipo e que se lle dan a oportunidade sería un grande sen dúbida. Pablo Sarabia será dos mellores do mundo nuns 3 ou 4 anos eso fixo.

9º Premio " Colócate aí cona " : Premio o mellor entrenador da tempada. Para min polo plantel que tivo e polo que conseguiu Luis García o entrenador do Levante que alcanzou a permanecía co pa min peor equipo de 1ª.

10º Premio " Parao ti que eu non dou " . Premio o mellor xogador do ano. Creo que aqui coincidimos todos en que Messi é o mellor do mundo e o mellor do ano sen ninguén que lle faga sombra.

Pois a miña opinión está dada asique agora haber que opinades.


2 comentarios:

  1. ¿Podese poñer máis dunha opción por premio? eu vouno facer.. XD

    1º- Xogador con máis visión de xogo: como vexo que deben ser xogadores actuais poñerei outros, senon xa tería posto ao meu admirado Zizou... pero bueno, como todos van poñer a Xavi (merecidisimo por certo) e poño outros... se o Madrid tivera máis a bola, Ozil; e dando o último pase, o mago Valerón e o menospreciado Guti, daba poucos pero o que daba mimá!! vésase a asistencia de tacón entre 3 rivais a zidane nun madrid vilarreal.. XD

    2º- Mira que es feo: Di María é un máis que digno candidato... Reiziger, jajaja... pero Tevez, Ribery ou Ronaldinho son condenadamente feos...

    3º- Piscinas: Riki e Di María son piscinas de carallo... Busquets directamente é obtuso!! XD

    4º- O mellor sen dúbida: Neymar está maravillando en Brasil, pero como todo brasileño no futbol nunca se sabe, senon mira Robinho... XD, eu vou poñer (se Messi o permite nos anos vindeiros) Ozil (de novo), Lloris (porteiros valen, ¿non?) ou mesmo Iniesta...

    5º- Mira ques animal...: buff, Van Bommel sen dúbida... e Materazzi que é un marrullero da ostia... esperate comentarios culés que poñan a Pepe, XD...

    ResponderEliminar
  2. Sigo...

    6º- A ese hai que fichalo: por posicións... no meu equipo gustaríame un porteiro como Casillas, un defensa coma Puyol, un centrocampista coma Iniesta e un dianteiro total coma Cavani, jajajaja... Cavaniiii!!! XD

    7º- Se estiveras calado carallo: ¿Mourinho? jajajaja... Dani Alves, ademáis dun maleducado.. vésase a entrevista de Javier Ares pola radio o desplante que lle fai, ou mesmo cando dixo que ao igual ca él Jesucristo non gustaba a todos. XD

    8º- A este se lle deixan: buff, na canteira do Madrid habería moitos: Jessé, Sarabia e compañía... pero eu vou dicir, Granero!! ja ja ja!!!

    9º- Colocate ahí cona (o mellor título sen dúbida): na primeira volta, Pochettino no Espanyol; e na segunda pois si, Luis García do Levante... tamen nombro a Toril que dende que colleu o Castilla está a arrasar...

    10º- Parao ti que eu non dou: boh, esta é moi doada... Messi!! esperemos que se lle vaia acabando pero hoxe por hoxe é terriblemente superior a calquera xogador que haxa no mundo...

    P.D.: intentei ser obxectivo e que a miña madriditis non me impidira facer un comentario digno, non sei se o conseguin... XD

    ResponderEliminar