Toca falar de música outra vez neste blog e para completar algunha entrada anterior na que anunciei a saida de novos discos do meu interese hoxe vou adicar este pequeno espazo que teño para dar a miña opinión sobre o segundo disco de 037 que leva por nome "Los fuertes sobreviven" e que supon o seu 2º álbum despois de "Títere con cabeza".
Análise xeral do disco:
Para mín este novo disco é demasiado largo o que leva a sensación de que sobran polo menos 3 ou 4 cancións así como a idea de que moitas cancións comparten unha temática similar que pode facer facer o disco moi plano en canto a contido pero por outro lado o disco presenta 6/7 temas dunha gran calidade e certamente novedosos cun gran Leo e un enorme Ix valieri que demostran unha vez máis ser moi bos músicos nesto de compoñer música heavy e rock e reafirmandose como referentes destes estilos no noso país.
Análise das mellores canción:
Para min este disco contén 3 ou 4 cancións que cabe destacar como brillantes e que son:
- Héroe: enorme tema que nos fala sobre eses héroes anónimos que día a día fan do noso mundo algo mellor e que contén un estribillo de gran pegada e un ritmo moi pegadizo que invita a escoitar dita canción unha e outra vez.
- Mi otra mitad: A mellor balada do disco sobre esa media naranxa que todos necesitamos topar nas nosas vidas e que podemos topar cando menos nolo imaxinamos; gran letra (para min a mellor do disco) e enorme interpretación de Leo para facer un tema que lle encantará os fans do grupo sen dúbida.
- Por un beso: Un tema na liña do anterior pero con máis forza e ritmo, cun mensaxe máis pasional e menos romántico que engancha o escoitala e que ten un son diferente que sorprende bastante e que o fai un tema especial no disco.
- Volver: Parece sacado do seu anterior disco, a canción con máis forza do ábum que se encadra descaradamente no heavy metal o que non se pode decir de moitos temas do disco máis rock e en certos momentos incluso pop-rock; unha mirada o pasado que lle fai moito ben a este disco.
Análise do peor do disco:
Neste disco podense destacar cancións que na miña opinión sobran como poden ser sálvame, el fin del camino, cuenta conmigo e sobre todo hablar de amor que lle fai un flaco favor ao disco.
Así pois para min este disco tería a seguinte puntuación:
Letra: 6,5/10
Música: 7/10
Voz: 7,5/10
Total 7/10
Para rematar deixovos coas cancións que mencionei como o mellor do disco:
Para min este disco fai mellorar moi moito ao anterior, pero ao igual que o anterior só me gustan as cancións primeiras. Tamen me parece que Leo ten mellor voz da que demostra neste traballo, xa se podía deixar de inventos ou de cumplir os caprichos das discográficas ou o que sexa e facer música da boa!
ResponderEliminarAs mellores para min: Heroes, Ellas, Siempre estará en mi ou Mi otra mitad.
P.D.: a canción de Hablar de amor é pecado mortal e é algo imperdonable e insufrible!!!