Está entrada vai adicada a anos de sufrimento futbolístico que remantaron dunha das mellores formas posibles (a mellor sería ganarlle a final da champions) , coa victoria na final da copa do rey sobre o Barcelona, pero non calquera barcelona senón o mellor barça da súa historia.
Non sei se compensa mais kedar eliminados contra o Alcorcón e que se burlen de ti durante unha semana que ter que estar 120 minutos ao borde dun infarto ( eso e o que ten ser do Real Madrid dende pequeno que o vives dunha maneira moi esaxerada e sen que poidas facer algo por remedialo ).
O peor é que sufrin máis cando ibamos gañando que cando iamos empatando ( cousa pouco lóxica a verdade), so houbo un minuto en todo o partido no que non sufrin que foi o tempo que tardei en celebrar o gol de cristiano ronaldo ( gran gol por certo cunha parede de marcelo e di maría brutal que non chega a cortar dani alves e un cabezazo enorme de cristiano que mira que leva forza que vai polo medio da porteria e non o da parado pinto, o que hai que felicitar polo seu gran partido a verdade).
Máis alá deste partido que moitos consideran un paso cara un cambio de ciclo no que o Madrid pase a ser o dominador do fútbol mundial (algo que eu considero moi prematuro posto que é evidente que o Barça ainda é superior e máis a dobre partido que é o que nos toca agora nas semifinales da champions) , eu quero recoñecer que o ocurríu durante estes 2 anos anteriores e enormemente xusto pois o Barça fixo o mellor fútbol visto en moitos anos e en certa medida segueo a facer aínda que cun certo baixón, para min o único fallo que se lle pode atribuir o barcelona ( non os xogadores nin o corpo técnico ) é a prepotencia demostrada polos directivos e entorno culés con campañas ofensivas para o madridismo así como discursos que levan a moitos a identificar o Barça co independentismo culé, cabe recordarlle os culés que o Madrid pecou dese mesmo mal anos atrás con famosos galacticos e que eso nos levou a un declive de anos sen gañar nada e a ser odiados por moitos afeccionados de equipos rivais, asi que aprendan pois ainda están a tempo de cambiar.
En definitiva que os madridistas estabamos esperando esto xa facia un tempo e aínda que se perderamos seguiriamos estando co Real Madrid a morte este título enchenos de gran alegria.
Así pois so podo rematar coas seguintes palabras: HALA MADRID!
Iso é verdad... por fin pitamos final!! a min non me importaría botar 3 anos en blanco como botamos e comendonos os mocos se non fora porque o que deixaba de gañar o R.Madrid o gañaba o eterno rival e ter que oir de todo... ata que o Barcelona ía gañar todo de aquí a 15 anos... JA!!!
ResponderEliminar