Para empezar esta segunda etapa do blog vou facer referencia a saida do último disco dun dos meus grupos favoritos, que a pesares de non estar no máis alto do panorama nacional parecenme unha gran banda; estoume a referin a Dragonfly e o seu disco Non requiem.
Este disco pareceme sen dúbida o mellor aínda que o anterior ten cancións verdadeiramente boas, neste último traballo mostran todo o que se pode esperar desta banda con cancións con forza como poden ser Infierno ou 2012, baladas moi acertadas como Media vida e outra variedade de pistas que fan moi a ameno de escoitar este Non requiem.
Nun análise máis persoal creo que as mellores cancións que te podes topar neste disco son as seguintes:
1.Quien llora ahora: Para min a mellor canción deste disco con ritmo, voz e sobre todo letra brutales sen dúbida será un referente da banda nos próximos anos.
2.Rompe tu silencio: Pareceme a balada deste disco, moi boa voz e gran letra a típica canción que non te aburres de escoitar.
3.Media vida: a versión piano e unha boa canción que se coloca no podium do disco polo gran interpretación que recolle.
Para min este disco non conta cunha canción que se poida calificar como mala ou baixe o nivel xeral do disco ainda que como mencionei anteriormente o disco conta con 3 ou 4 cancións para o meu gusto por encima do resto, no seguinte nivel atoparianse as demáis cancións; por poñer unha pega diria que non pega nada nun disco desta calidade unha versión en inglés e que me parece que as cancións introducción que so teñen sonido estan pasadas de moda e que fan que o disco non teña un comezo adecuado para o meu gusto.
Para rematar farei unha valoración numérica:
Música: 6/10
Letra: 7/10
Voz: 6,5/10
TOTAL 6,5/10
Como anexo deixovos algunha canción das que mencionei para aqueles que non escoitasen nada deste disco: