Con motivo de facer algo máis participativo este blog quero crear unha entrada na que cada un poida aportar a súa opinión...así pois pensei en crear uns premios (idea sacada do gran blog do senhor da Xe, blog que recomendo encarecidamente) sobre o mundo do fútbol que tantas emocións nos dou últimamente.
Estes premios farán referencia á última tempada e recoñecerán a labor dos futbolistas de todo o mundo nas súas facetas máis reseñables, serán 10 premios nos que darei a miña opinión e espero que cada persoa que lea esta entrada participe activamente.
1º Premio: " Xogador con maior visión de xogo " . Sería para aquel xogador que sempre dá o pase acertado que nunca se equivoca á hora de dar o balón. Para min este premio mereceo de sobra Xavi polo gran xogador que é e que fai moverse e xogar como xoga o barça.
2º Premio: " Mira que es feo dios mío " . Este premio sería para o xogador menos agraciado fisicamente da liga, aquel que se fai difícil de ver. Neste caso eu aposto por Di María posto que o pobre e feo con ganas e senon mirade as súas fotos.
3º Premio: " serás piscinas " . Como o seu nome indica este premio sería para o xogador que como di mou máis teatro fai. Creo que o xogador que máis tempo se pasa no chan e Busquets asique pa el vai o premio.
4º Premio: " Serás o mellor sen dúbida ". ¿Quén é o futuro mellor xogador do mundo?. Para min o mellor xogador do mundo nos próximos anos será Neymar a nova perla brasileña que é un espectáculo ver.
5º Premio: " Mira que es animal " . Premio o xogador que máis reparte. Eu creo que Lucio o central do inter reparte ostias como panes asique pa el vai.
6º Premio: " A ese ai que fichalo " . Ese xogador que seas do equipo que seas ficharías se puideses. Para min Yaya touré sería do mellor que se pode ter nun equipo de fútbol polo seu enorme despliegue físico así como polo seu toque de balón que non é nada malo.
7º Premio: " Se estiveras calado carallo ". Para ese xogador que cada vez que fala sube o pan. Eu doullo sen duda a Piqué que como xogador é de 10 pero cada vez que fala so é para malmeter.
8º Premio: " A este se lle deixan" : Ese xogador que está na canteira dun equipo e que se lle dan a oportunidade sería un grande sen dúbida. Pablo Sarabia será dos mellores do mundo nuns 3 ou 4 anos eso fixo.
9º Premio " Colócate aí cona " : Premio o mellor entrenador da tempada. Para min polo plantel que tivo e polo que conseguiu Luis García o entrenador do Levante que alcanzou a permanecía co pa min peor equipo de 1ª.
10º Premio " Parao ti que eu non dou " . Premio o mellor xogador do ano. Creo que aqui coincidimos todos en que Messi é o mellor do mundo e o mellor do ano sen ninguén que lle faga sombra.
Pois a miña opinión está dada asique agora haber que opinades.