Esta entrada supón recurrir de novo a unha temática similar a que usei cando fixen referencia aos amigos e as diferentes clases de amigos que podemos ter nesta vida; Hoxe apeteceme falar do que nos espera e se nós podemos facer algo por alcanzar o que queremos ou depende todo de como se den as cousas.
Na miña opinión as persoas cambian co paso dos anos e eso ocorre por todo o que pasa ó seu arredor asi como polas decisións que toman e que os levan a ser o que son en diferentes momentos da súa vida, por exemplo, eu teño claro quen non son o mesmo que fai 5 ou 6 anos e que serei diferente dentro duns anos pero non teño claro se cheguei a ser asi porque eu quixen ou porque me obligaron as circunstancias que rodean a miña vida e tampouco teño nada claro que sea mellor que fai uns anos atrás pero si que teño claro que se algo depende de min para encamiñar a miña vida tomar algunha decisión faiseme cada vez máis difícil quizáis porque creo inconscientemente que as decisións que tome neste tramo da miña existencia marcarán o que serei o resto da miña vida e vida só teño unha e non poderei voltar atrás.
Pero polo contrario tamén teño certo temor a estancarme no que son agora a non poder dar ese paso que me leve a ser diferente o que son agora, que me leve a ser mellor, a ser máis feliz, a topar novas motivacións tanto sentimentais como profesionais que me leve a pensar que xa son o que queira ser nesta vida.
Ter teño algo claro que ainda non son o que quero ser neste vida e tampouco fixen o que quero facer nela , faltanme por vivir moitas cousas que claramente marcarán o meu futuro pero a pregunta é se deixarei que esas cousas me cambien pois teño a sensación de que nesta época que vivo agora non permito un mínimo cambio que me desvie dun rumbo que non sei nin cal é quizáis por temor ou por medo.
Penso que isto non me pasa a min só e que pode ser inherente a miña idade e pode que á miña persoalidade pero sin embargo eu si observo como a xente do meu entorno cambia e disfruta de novas cousas a miudo namentres eu me vexo atrapado na rutina total.
Ao mellor cada un é incapaz de observar os seus propios cambios ainda que os sufra e non me dou conta do que cambio día a día, semán a semán ou mes a mes e todo é cousas dos meus pensamentos e sentimentos o mellor a vida levame a prantexarme esto para poder cambiar.
En conclusión recoñezo que teño certo temor a cambiar e equivocarme e tamén a que iso me leve a evitar cambiar ainda que a vida me leve a facelo, sen dúbida sei que cambiarei pero pode que se me empeño en non facelo pase demasiado tarde, A todo iso me leva o saber que se un cambia non pode voltar atrás, ser o que era antes fora mellor ou peor, se cambias o camiño só ten un sentido, para diante, e eso é o que creo que me queda por aprender que non teño que deixar de cambiar por temor senon que se me equicovo debo seguir adiante cambiar pa mellor ata chegar a unha versión miña na que poida decir que a miña vida é como eu quero e que vivila así e sen dúbida o máis axeitado e o que me fai sentir o máis feliz posible, pero claro unha cousa é decilo e outra facelo.